Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de junio de 2012

Galicia en la Sociedad de Naciones

Galicia... por sempre nación.


[Gl.]
Antes da existencia das Nacións Unidas, como xa saben, existía a Sociedade de Nacións (League of Nations). Pois ben, Galicia foi recoñecida como nación pola Sociedade de Nacións no ano 1933 e a súa participación nela era con voz propia e diferenciada.

Sede da Sociedade de Nacións, Berma. 1933
Na fila superior, o terceiro pola esquerda é Plácido Castro do Río,
delegado galego.

O escritor Xulio Ríos recolle moita máis información sobre este tema no libro "Galicia e a Sociedade de Nacións". Esta é a miña opinión e dígovos que non me vou pensar dúas veces se comprar este libro ou non. Abaixo tedes máis información.

[Esp.]
Antes de la existencia de las Naciones Unidas, como ya saben, existía la Sociedad de Naciones (League of Nations). Pues bien, Galicia fue reconocida como nación por la Sociedad de Naciones en el año 1933 y su participación en ella era con voz propia y diferenciada.

El escritor Xulio Ríos recoge mucha más información sobre este tema en el libro "Galicia e a Sociedade de Nacións". Esta es mi opinión y os digo que no me pensaré dos veces si comprar este libro o no.
Abajo tenéis más información.

[Pt.]
Antes de existência das Nações Unidas, como já sabem, existia a Sociedade de Nações (League of Nations). Pois bem, Galiza foi reconhecida como nação pela Sociedade de Nações no ano 1933 e a sua participação nela era com voz própia e diferenciada.

O escritor Xulio Ríos recolhe muita mais informação sobre este tema no livro "Galiza e a Sociedade de Nações". Esta é a minha opinião e digo-lhes que não me pensarei duas vezes se devo comprar este livro ou não.
Abaixo tendes mais informação.


Xulio Ríos: http://www.galegos.info/xulio-rios
Im-pulso: Galicia reconocida como nación en 1933: http://im-pulso.blogspot.com.es/2006/11/galicia-ya-fue-reconocida-como-nacin-en.html
Catro ligazóns distintas onde comprar o libro: http://www.todoebook.com/GALICIA+E+A+SOCIEDADE+DAS+NACI-C3-B3NS-LibroEbook-9788498659511.html (eBook)
http://www.amazon.es/Galicia-Sociedade-Nacions-Xulio-R%C3%ADos/dp/8471548399
http://librosbajodemanda.elcorteingles.es/detalle.aspx?isbn=9788471548399
https://www.tirant.com/libreria/libro/galicia-e-a-sociedade-das-nacions-9788471548399


viernes, 24 de febrero de 2012

Encomendóvos...

[Gl.]
Queríavos encomendar certos programas da galega (TVG - Televisión de Galicia) para verdes xa que están moi ben e évos algo que non podía quedar atrás. Porei aquí os links para a vosa disposición.
      O tema iráse editando para engadir máis programas. Se coñeces algún interesante, faimo saber!

[Esp.]
Quería recomendaros ciertos programas de la gallega (TVG - Televisión de Galicia) para que vierais ya que están muy bien y es algo que no podía quedar atrás. Pondré aquí los links para vuestra disposición.
     El tema se irá editando para añadir más programas. Si conoces alguno interesante, ¡hazmelo saber!

[Pt.]
Queria-lhes recomendar uns programas da galega (TVG - Televisão da Galiza) para verem já que estão muito bem e é algo que não podia ficar atrás. Porei aqui os links para a vossa disposição.
     O tema vai ser editado várias vezes para acrescentar mais programas. Se conheces algum interessante, faz-mo saber!


[Só en galego]
O primeiro programa é... Ben falado! É un pequeno espazo televisivo de máis ou menos cinco minutos cada capítulo. Trátanse temas moi variados, porén sempre relacionada cá lingua galega (orixe, dialectos, comparacións con outros idiomas...).
     Este é a ligazón para a páxina oficial, onde podedes ver bastantes capítulos mais non dende o capítulo primeiro.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-470-de-ben-falado-azou
     Por sorte, no YouTube temos capítulos do Ben falado! dende os seus comezos.
http://www.youtube.com/user/BreoganTS/videos?sort=dd&view=u&page=6

O segundo é Historias de Galicia. Cada capítulo dura case media hora... Aínda así, merece a pena. Este programa dedícase máis á historia de Galicia pero tamén tratando varios temas como a lingua ou a vida dos labregos ou a dos fidalgos galegos.
     Pódena  ver por onde queiran, pero a páxina oficial ten tódolos capítulos ata o momento.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-1-onde-o-mundo-se-chama-galicia

viernes, 17 de febrero de 2012

A Santa Compaña

[Texto de la revista Cousas de Redondela.]



O tema das procesións de mortos e/ou ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. E a zona xeográfica ibérica na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura testemuñal.

Conta a tradición que a Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños da parroquia, pero a crenza na Santa Compaña está rexistrada por fontes vencellada a tradicións europeas de raigame diferente ao cristianismo e anteriores no tempo.

Segundo o Dicionario dos seres míticos galegos, os termos Santa Compaña e Santa Compañía son nomes erróneos por contaminación culta, aínda que poidan usuarse de xeito eufemísticos nalgures, dado que a Compaña non é santa. A expresión vén do "sanctam cum pania", que pode asemellarse a "santa compaña". non obstante, unha tradución máis literal sería "que comen do mesmo pan", referíndose ao convite funeral no cal as ánimas levan os vivos para a procesión, sendo necesario finxir comer os manxares propostos e comendo un alimento propio aínda que sexa pan que se leve no bolsillo para librarse. A vixencia deste mito de relación dos vivos e dos mortos na sociedade galega recoñécese polos testemuños de fontes escritas ao longo da historia e polas hipóteses de estudos. Na súa función de mito, a disgregación das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparización dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.

A súa vixencia queda constatada por diversos documentos da Inquisición no século XVI e comezos do XVII, mencionando xa a crenza, en Galicia, de ánimas errantes que non foron nin ó paraíso, nin ó inferno, nin ó purgatorio.

Risco considerou que o aspecto máxico da Compaña é só unha manifestación de relixiosidade fóra das normas e regras da relixión vixente, na que se atopan dunha banda o mundo da realidade, os lugares da parroquia, xente do pobo viva ou morta, e doutra banda referentes do imaxinario colectivo de códigos e símbolos culturais que vinculan a visión ó conceptual.

Non existe ningunha descrición consensuada sobre o que é a procesión. Cada testemuña da crenza, e son moitas, pode ter unha descrición diferente. De todos os xeitos, o fenómeno, explicado por aquel que o viu ou comunicado por outros, é sempre unha realización singular. A comitiva pode ser semellante á da cazaría salvaxe dirixida por Odín ou por un dos seus substitutos. A comitiva pode seferirse á hoste antiga das ánimas en procesión. Sen esquecer que pode tamén ser unha derivación das procesións de meigas.

Hai aquel que ve a Santa Compaña e hai aqueles que se poden chamar os "crentes", que cren na súa existencia ou que a dubidan no ámbito da súa crenza. No relato, hai elementos da vida material que cada un pode recoñecer como unha realidade da súa vida cotiá (os lugares da parroquia, as casas, etc), elementos que teñen unha realidade mental (as ánimas, os defuntos, etc.), así como elementos ficticios que só serven de decoración (o ambiente nocturno, as luces opacas, os murmurios inintelixibles, os corpos brancos e pálidos, etc.). Dentro dos elementos que teñen realidade mental pódense distinguir en aquelas ánimas da procesión que sen de xente coñecida, vivos ou mortos, daqueles que son figuras sen relación cos veciños.

A procesión adoita ir encabezada pola persoa viva que porta entre as súas mans unha cruz e mais un caldeiro con auga bendita; tras el, varias ánimas con cirios acesos, non sempre visibles, sígueno. A súa presenza faise notoria no cheiro a cera queimada e no vento que se ergue ó seu paso.

A persoa viva que precede esta procesión pode ser un home ou unha muller, dependendo de se o patrón da parroquia é santo ou santa. Ademais, o portador da cruz non pode en ningún momento volver a cabeza nin renunciar aos seus cargos precedendo á Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a outra persoa polo camiño a quen lee entregar a cruz e mailo caldeiro, momento no que estoutro pasará a substituílo.

Para zafarse desta obriga de substitución, a persoa que vexa á Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde vólvese branco e vai adelgazando a cada paso que dá, ata que consegue darlle o caldeiro a outro.

O que si é comunmente aceptado é que a Compaña produce medo, xa que é considerada como sinal de morte. Pode ser porque a Compaña necesita dun vivo que leve a cruz e anda ás portas pedindo compañía.

Malia que na maioría das historias a Santa Compaña realiza as súas aparicións de noite, hai tamén casos citados nos que se fala de saídas diúrnas. A frecuencia pode ser de todas as noites á mesma hora como non. Cada visión é unha recreación e en cada localidade vai evolucionar segundo as necesidades socio-culturais do grupo onde está vixente.

Lisón Tolosona recolle en 1960 124 casos onde o motivo da procesión é para anunciar a morte, 32 casos para facer penitencia e 31 casos para castigar. Os nomes para chamar a procesión están relacionados co motivo da súa existencia.

Outros nomes da Santa Compaña son as da noite, antaruxada, avisóns, avexón, enxamio, estadea, estantiga, estandiga, estadeíña, pantaruxada pantalla, procesión das ánimas, rolda, roldiña, visión, visita, xáns ou pantasmas de vivos.

--------
[La Santa Compaña donde vivo]

Na miña vila din que a Santa Compaña é o espírito dunha persoa viva, que pode ser un neno como unha persoa maior, que guía unha procesión. Ese espírito pode que leve algo nas mans como non, non se sabe porque depende se se ve ou non. Tamén se di que leva un caldeiro con auga bendita.

A Santa Compaña dise que pode aparecer tanto de día coma de noite, a hora non é importante.

A procesión da Santa Compaña pode empezar a andar pola parroquia en canto morre alguén, é dicir, a súa procesión pode ser unha recreación da procesión do morto.

Ti non a poder ver vir. Só sentila. Cando te levou a Santa Compaña, ou anda preto, pode que cheires algo semellante como a cera, sentir un ar quente que pasa preto de ti ou escoitar os barbullos das almas que están a falar. O único xeito para que non guíes á procesión da Santa Compaña é prosinarse sempre ó saír dalgún sitio cara ó exterior. Ademais, non podes estar no medio e medio das portas da casa que conduzan ó exterior por se acaso tes a procesión na casa e así a podes deixar saír.

Como detalle curioso, tamén se di que cando pasas por un cruceiro non te podes prosinar por se hai algunha alma aferrada a ese cruceiro e de súpeto decide aferrarse a ti.

Na vila do lado din que a Santa Compaña pode levar tanto un caldeiro con auga bendita como unha cruz. Din tamén que non podes ver á Santa Compaña ós ollos para que non che pase o caldeiro e te condene a levar a procesión en busca doutra persoa a quen pasarlle o caldeiro. Liberarse dela, tan sinxelo como non a ver.

- Esquecinme de dicir que tamén se di que na procesión pode haber ata unhas 300 persoas. -

sábado, 17 de diciembre de 2011

L. portuguesa

[Gl.]

     O portugués é unha lingua romance con máis ou menos 250.000.000 falantes, e sitúase no posto número 6 da lista mundial de idiomas.
     Os dous países máis famosos que falan portugués son Portugal e Brasil, mais entre ámbolos dous existen diferenzas no idioma. Os países da lusofonía son: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Timor Oriental e Santo Tomé e Príncipe. En Macao; Dadra e Nagar Haveli; Damán e Diu; e Goa non ten o estatus oficial.
     No século XVI tornouse lingua franca da Asia e África, sendo usada polos mercaderes e comunicación entre os responsables locais e europeos de todas as nacionalidades, entre outros.
     Houbo unha época en que galego e portugués foron o mesmo idioma, hoxe soamente pertencen ó mesmo diasistema. Pola contra, os grupos reintegracionistas e lusistas non están de acordo con que sexan dúas linguas diferentes.


[Esp.]

     El portugués es una lengua romance con más o menos 250.000.000 hablantes, y se sitúa en el puesto número 6 de la lista mundial de idiomas.
     Los dos países más famosos que hablan portugués son Portugal y Brasil, mas entre ambos idiomas existen diferencias. Los países de la lusofonía son: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bisseau, Angola, Mozambique, Timor Oriental y Santo Tomé y Príncipe. En Macao; Dadra y Negar Haveli; Damán y Diu; y Goa no tiene el estatus oficial.
     En el siglo XVI se convirtió lengua franca de Asia y África, siendo usada por los mercaderes y y la comunicación entre los responsables locales y europeos de todas las nacionalidades, entre otros.
     Hubo una época en que gallego y portugués fueron un mismo idioma, hoy solamente pertenecen al mismo diasistema. En cambio, los grupos reintegracionistas y lusistas no están de acuerdi con que sean dos lenguas diferentes.


[Pt.]

     O português é uma língua romance com mais ou menos 250.000.000 falantes, e situa-se no posto número 6 da lista mundial de idiomas.
     Os dois países mais famosos que falam português são Portugal e Brasil, mas entre os dois existem diferenças no idioma. Os países da lusofonia são: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Timor Oriental e Santo Tomé e Príncipe. Em Macao; Dadra e Nagar Haveli; Damán e Diu; e Goa não tem o estatus oficial.
     No século XVI tornou-se língua franca da Ásia e África, sendo usada pelos mercaderes e a comunicação entre os responsáveis locais e europeus de todas as nacionalidades, entre outros.
     Houve uma época em que galego e português foram o mesmo idioma, hoje somente pertencem ao mesmo diassistema. Em mudança, os grupos reintegracionistas e lusistas não estão de acordo com que sejam duas línguas diferentes.


              


Fontes:
http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_portugu%C3%A9s
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_portuguesa
http://pt.wikipedia.org/wiki/L%C3%ADngua_portuguesa
http://es.wikipedia.org/wiki/Lusofon%C3%ADa

viernes, 16 de diciembre de 2011

Lingua española / L. castelá

[Gl.]

O castelán/español é unha lingua romance falada en diversos países como España ou Uruguai.
Actualmente, é a segunda lingua máis falada do mundo enteiro. Estímase que hai unhas 500.000.000 persoas que saben español.
As glosas foron as primeiras manifestacións escritas en castelán. Datan do século X, sendo anotacións dos significados das palabras en latín que non coñecían.
Alfonso X o Sabio (1252-1284), Rei de Castela e Rei de León foi o que empezou a dar importancia ó castelán. Tamén compuxo cantigas en galego-portugués.


[Esp.]


El castellano/español es una lengua romance hablada en diversos países como España o Uruguay.
Actualmente, es la segunda lengua más hablada del mundo. Se cree que hay unas 500.000.000 personas que saben español.
Las glosas fueron las primeras manifestaciones escritas en cast. Aparecen en el siglo X como anotaciones de los significados de las en latín que no conocían.
Alfonso X el Sabio (1252-1284), Rey de Castilla y Rey de León fue el que empezó a darle importancia al cast. También compuso cantigas en gallego-portugués.




[Pt.]

O castelhano/espanhol é una língua romance falada em diversos países como Espanha ou Uruguai.
Actualmente, é a segunda língua mais falada do mundo enteiro. Estima-se que há unas 500.000.000 pessoas que sabem espanhol.
As glosas foram as primeiras manifestações escritas en castelhano. Datam do século X, sendo escritos dos significados das palavras em latín que não conheciam.
Alfonso X o Sábio (1252-1284), Rei de Castela e Rei de León foi o que começou a dar importância ao cast. Também compôs cantigas em galego-português.


Fontes:
Apóstrofe XXI Lengua castellana y literatura 1 - bachillerato
http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_espa%C3%B1ol
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Lenguas_por_n%C3%BAmero_de_hablantes_nativos