Hai nada que me atopei no YouTube con este programiño, Caçadors de paraules (Cazadores de palabras). Está en catalán pero encoméndovos ve-lo xa que é un programiño que che está ben interesante. Nel, o presentador percorre varios sitios (onde falan catalán, valenciano, aranés...) na procura do seu xeito de falar e ve-las diferenzas co catalán estándar.
Este programa televisivo é algo semellante á sección "Como falan en...?" do Ben falado! Así que se gozades dese apartado do Ben falado!, seguro que tamén vos gustará este programa. Pola contra, dura máis ou menos 25 minutos cada capítulo. É posible que tamén vos atopedes con algún comentario ou imaxe que non agrade, pola contra, merece a pena ve-lo se queredes aprender algo sobre os dialectos do catalán e valenciano. Ademais, tamén leva un pouco de humor para face-lo programa máis divertido.
Debaixo de cada vídeo tamén hai información sobre cada episodio.
http://www.tv3.cat/searcher/Search
Algúns capítulos:
De verdade falan o catalán en Alguer? - http://www.tv3.cat/videos/221846725/De-veritat-es-parla-catala-a-lAlguer
Neste episodio os presentador vai na procuda no catalán de Alguer. Descobren que non todo o mundo sabe catalán e, coma outra sorpresa levada, a escola de catalán que hai non é de catalán. Isto semella sorprender ó presentador xa que é o Alguerés o que se aprenda.
O catalán da Franxa - http://www.tv3.cat/videos/322099/El-catala-de-la-Franja
Como di o título, aquí móstrasenos o catalán da Franxa de Aragón. O seu catalán está en proceso de estandarización. Unha persoa defende que o que se fala na Franxa é catalán aínda que se coñeza con distintos nomes.
Os nomes dos lugares - http://www.tv3.cat/videos/311439/Els-noms-de-lloc
De onde vén o nome da Cataluña? Ben, pois xa non nos faremos máis esta pregunta porque a dúbida xa está resolta. Veremos tamén máis aldeas e vilas.
O aranés - http://www.tv3.cat/videos/297039/Laranes
É oficial en Cataluña, no Val de Arán. O capítulo enteiro está dedicado ó Aranés. Se queredes saber como é esta lingua, botádelle unha ollada!
Os seguintes capítulos non os podo ver porque preciso dun plug-in, pero ten pinta de ser interesantes!
http://www.tv3.cat/videos/224405218/Valencia-i-les-falles#
http://www.tv3.cat/videos/223922263/Parlem-del-temps