Neste novo vídeo, tedes máis diferenzas entre o galego e o portugués http://www.youtube.com/watch?v=d8tXPDI1IPY&feature=watch_response
Hai moitas diferenzas entre ámbolos dous idiomas, e nesta entrada do blog imos tentar reunir algunhas desas diferenzas para mostrárvo-las e pór punto e final á dubida sobre as diferenzas entre o galego e o portugués.
Este é o vídeo que eu teño subido ó YouTube sobre
as diferenzas entre o galego e mailo portugués
Fonética
Pt. Gl.
- Existencia de vogais nasais (Ex.: manhã) - Non hai vogais nasais
- Presenza de 7 vogais (a, e aberto e pechado, i, o aberto e pechado, u)
- Diferenciación entre b /b/ e v /v/ - B e v soan igual /b/
- Non existe o fonema /θ/ - Existe o fonema /θ/ (ce, ci, za, ze, zi, zo, zu)
- Non hai gheada - Presenza de gheada (Variante dialectal xenuína do galego. Pronunza do gue como /h/, /ħ/ ou /x/, similar ó inglés e ó español)
- Presenza dun fonema (/ʁ/) semellante ó - Non existe o fonema /ʁ/
r francés e/ou j do castelán
- Existencia do fonema fricativo /z/ (Exs.: zona, casa, exibir)- Non existe o fonema /z/ (zona [θ], casa [s], exibir [k-s])
- Existencia do fonema /ʒ/ (Ex.: janeiro, geografia) - Fonema /ʒ/ inexistente. Só o /ʃ/ das fricativas post-alveolares. (Ex.: xaneiro, xeografía)
- Pronunza semellante a "li" do lh no Brasil. - Fonema /ʎ/ para o dígrafo ll (Ex.: marabilla)
- Fonema /tʃ/ inexistente. Os ch lense coma xes /ʃ/ - Existencia do fonema /tʃ/ para os ch
Ex.: chave [ʃ] Ex.: chave [tʃ]
(No norte de Portugal fan a pronunca como en galego)
- O portugués de Portugal pronuncia as vogais átonas de - Salvo raras excepcións, todas as letras son pronunciadas
xeito que non se perciben na pronuncia rápida (Ex.: calice, segundo corresponda o seu son. O -tl- como na
que se lería algo así /kals/ palabra Atlántico non muda como no español. Pronúnciase
- No Brasil, as palabras rematadas en -l lense como un u /tl/ e non /d-l/
(Ex.: Brasil /brasiw/)
- No Brasil, o d seguido de i dise como un [dj] e o t
seguido de i [tx] (ver cap. 10 - Ben falado!)
Morfoloxía
Os dous idiomas simplificáronse dende a Idade Media, como característica do galego perde a sonoridade.
- Palabras rematadas en - ão - Diferenciación das rematadas en -an e -on
Exs.: João, não Exs.: Xoán, non (-n final velar)
A formación do feminino
- As palabras masculinas rematadas en -ão forman - 1. Se o masculino remata en -on, o -n muda
o plural mudando a -oa ou -ã a -a. (Exs.: león - leoa / patrón - patroa)
(Exs.: leão - leoa / irmão - irmã) 2. Se remata en -an, e é un xentilicio autóctono ou voz patrimonial, suprímese o -n (Exs.: compostelán - compostelá / irmán - irmá)
3. Se remata en -an, e é un xentilicio estranxeiro ou adxectivo patrimonial, engádese un -a (Exs.: folgazán - folgazana)
- Se o masculino acaba en vogal tónica pechada ou - Se o masculino acaba en vogal tónica ou ditongo
medio pechada, muda a abertura da vogal tónico, agregamos un -a
Ex.: o avô - a avó Exs.: o avó - a avoa
Primeira parte do vídeo do noso friend
Galician vs. Portuguese
- Tres modos distintos para forma-lo plural - Engádese un -s para o plural (forma oficial)
das rematadas en -ão porén existen dúas formas máis (dialectais - 2 e 3).
1. -ãos: irmão - irmãos 1. -n -> -ns: irmán - irmáns / canción - cancións
2. -ões: canção - canções 2. -n -> -s: capitán - capitás / canción - canciós
3. -ães: capitão - capitães 3. -n / -ao(?) -> -is / -s: irmán - irmais / canción - canciois / capitán - capitais -au(?) -> -s: mau - maus (man, mans)
- As palabras acabadas en -em, o m cambia a n e adhírese - Os rematados en vogal tónica ou ditongo engádese un -s
un -s (Exs.: homem - homens) (Exs.: home - homes)
- Por regra xeral, as acabadas en -l cambiano por -is - Tódalas palabras non agudas rematadas en -l
(Ex.: jornal - jornais) agás o singular rematado en -il átono, engaden -es (Exs.: fácil - fáciles / túnel - túneles)
que fai o plural en -eis (Ex.: fácil - fáceis) agás os agudos rematados en -l que fan o plural en -is (Ex.: papel - papeis) e os que acaban en -il que o fan cambiado esa sílaba por -is (civil - civís)
- Os monosílabos terminados en -l, o -l cambia a -s - Os monosílabos terminados en -l engádese -es (Ex.: vil - viles)
(Ex.: vil - vis)
Segunda parte das diferenzas entre galego e portugués
do vídeo Galician vs. Portuguese
- Adxectivos rematados en -vel (Ex.: amavel) - Adxectivos rematados en -bel e en -ble (Exs.: Amabel, amable)
- Non existe nin coma nin ca - Existenza de coma e ca para os graos do (Exs.: eu sou tão alto como tu - é mais alto que eu) adxectivo. Coma introduce o segundo termo das comparativas ou das de igualdade (Ex.: eu son tan alto coma ti) mentres que ca é de uso nas comparativas (é máis alto ca min)
- Conserva o -m final do latín -inem (Exs.: homem, viagem) - Perda do -m final (Exs.: home, viaxe). O -m no portugués pode equivaler ó -n velar final no galego
- Pérdense os hiatos -eo, -ea cunha diptongación: -eio, -eia - Permanecen os hiatos -eo, -ea
(Exs.: correio, baleia) (Exs.: correo, balea)
- Co novo acordo ortográfico, elimínase a maioría - Consérvase o -c- dos cultismos que perdeu o portugués
dos -c- e -p- antes de c, ç, p e t (Exs.: adjetivo, ato, ótimo) (Exs.: adxectivo, acto, óptimo)
- Lectura do -u- nas palabras que conteñen qua e gua - Ausencia do -u-. Da como resultado ca e ga
(Exs.: quase, aguardar) (Exs.: case, agardar)
- Ausencia do diptongo indoeuropeo e manteza do -ui- - Permanencia do diptongo indoeuropeo -oi-
(Exs.: luta, fruta, muito) (Exs.: loita, froita, moito, moi)
- As vogais consecutivas redúcense a un diptongo rematado - Salvo raras excepcións, o hiato convérvase nas vogais
en -u (Ex.: europeu - eu-ro-peu) consecutivas (Ex.: europeo - eu-ro-pe-o)
- Os nomes, alcumes... levan artigo (Ex.: a Joana) - O artigo é opcional no acompañamento de nomes, alcumes... (Ex.: A Xoana) Os nomes de lugares con artigo si que son obligatorios (A Coruña)
O diptongo -au- do latín evoluiu a -ou- e -oi nas dúas linguas pero...
- É frecuente o diptongo -oi- - É frecuente o diptongo -ou-
Exs.: coisa, oiro, vassoura Exs.: cousa, ouro, vasoira
Capítulo de Cuidado com a língua! dedicado á lingua galega
- Pérdida do -d- da desinencia na 2ª persoa do plural - Mantén o -d- na 2ª persoa do plural (Exs.: cantades,
(Exs.: cantais, andaríeis, partis) andariades, partides)
En moitas rexións, esta norma mantense tamén no pret. perfecto (oficial: cantastes, andastes, partistes - Exs. dialectais: cantástedes/cantáchedes, andástedes/andáchedes, partístedes/partíchedes)
- Non hai confusión (?) na conxugación dos verbos - Nalgunhas zonas dialectais, o diptongo -ui- dos verbos muda a -oi- (Exs.: oficial - puiden, puidemos, puiderades... dialectal - poiden, poidemos, poiderades...)
- O acento tónico non está na desinencia - 1ª e 2ª persoa do plural reciben o acento tónico na desinencia
(Exs.: cantávamos, andávamos, partíeis) (Exs.: cantabamos /kantabámos/, andabamos, partiades /partiádes)
- 2ª persoa do singular do pret. perfecto - 2ª persoa so sing. do pret. desinencia en -ches (Exs.:
desinencia en -ste (Exs.: cantaste, partiste) cantaches, partiches), ou -che en zonas dialectais.
- Non hai -n final na 1ª p. sing. do pret. (Ex.: aprendi) - Na 1ª persoa do sing. pret. añádese un -n nasal (Ex.: aprendín). En zonas dialectais, esta forma aplícase a máis verbos (Ex.: cantein/cantén)
- Ausencia da unión do pronome ó verbo (enclise) no presente - Enclise do pronome ó verbo no presente e no condicional
e no condicional (tradución do galego -en azul- encontrar-se-á,(Exs.: encontrarse, esperaríanos)
esperar-nos-ia)
- Tras un diptongo non hai nasalización (Ex.: cantei a canção, - Tras un diptongo nasalízase o pronome (Ex.: cantei a canción,
cantei-a) canteina)
- Aparece unha -n- despois dunha nasalización (Ex.: - Ausencia do -n- tras un -n final ó engadir o pronome
cantaram a canção, cantaramna) (Ex.: cantaron a canción, cantárona)
- Aínda que o uso dos verbos copulativos é o mesmo, hai certas excepcións nos que non cadra o seu mesmo uso. Exs.:
É prohibido fumar - Está prohibido fumar
O nosso escritório é/fica muito longe - A nosa oficina está/fica/queda moi lonxe
Moitísimas conxugacións non son iguais entre galego e portugués (Algúns exemplos a continuación. Azul en galego, verde en portugués)
(PODER) presente pret. perf. ind.
podo, podes, pode, podemos, podedes, poden - puiden, puideches, puido, puidemos, puidestes*, puideron
posso, podes, pode, podemos, podeis, podem - pude, pudeste, pôde, pudemos, pudestes, puderam
(PEDIR) imp. afir.
pido, pides, pide, pedimos, pedides, piden - pide, pida, pidamos, pedide, pidan
peço, pedes, pede, pedimos, pedis, pedem - pede, peça, peçamos, pedi, peçam
(FACER - FAZER) pret. perf. ind.
fago, fas, fai, facemos, facedes, fan - fixen, fixeches, fixo, fixemos, fixestes*, fixeron
faço, fazes, faz, fazemos, fazeis, fazem - fiz, fizeste, fez, fizemos, fizestes, fizeram
(HABER - HAVER) imp. afirm.
hei, has, hai/a, habemos, habedes, han - non hai
hei, hás, há, havemos/hemos, haveis/heis, hão - há, haja, hajamos, havei, hajam
puidestes, fixestes* = ver o guión primeiro e mais o segundo deste apartado (Verbos e pronomes)
A nivel dialectal, hai verbos que tamén cambian, é o exemplo de dicir puñeches no lugar de puxeches ou teñe no lugar de ten.
Ben falado! - Parte 1 de 10 do capítulo O que todo galego
debe saber do portugués dedicado ás semellanzas
e diferenzas entre o galego e o portugués
- O uso do a diante dun obxecto directo dun verbo transitivo - No caso explicado á esquerda, o galego si que utiliza
(para o uso de nome de persoas, animais...) úsase pouco xa preposición (Ex.: Convidei a Xoana) pero xa que o uso
que soa arcaísmo (Ex.: Convidei a Joana - este a é un artigo de artigo é opcional, pódese dar unha contracción
e non unha preposición) (Ex.: Convidei á Xoana - á: a prep. + a artigo)
- Diferenciación entre ir + a e ir + para (Exs.: Fui ao - Diferenciación do mesmo xeito que en portugués
mercado perto de/da minha casa - Foi para o Brasil) (Exs.: Fun ao mercado preto da miña casa - Foi para o Brasil), pero ademais inclúe unha locución preposicional inexistente no portugués que indica dirección ou localización imprecisa no espazo ou no tempo (Exs.: chegarei cara ás nove da tarde - viaxamos cara ó norte)
- Conxunción ca inexistente - A conxunción ca pode formar contraccións cos artigos, entón acentúase (Exs.: cá: ca + a; có: ca + o...)
- Permancen no galego algunhas palabras que se arcaízaron no portugués (Exs.: Gl. - polo/a: por + o/a, Pt. - pelo/a: per + o/a)
- Só existe a forma lhos (lhes + os) - Ademais do llos (lles + os), tamén é conservada a forma llelos (lles + os)
- Existenza de face a como significado de fronte a e/o con - Non existe face a (tradución do exemplo exposto de
respecto a (Ex.: Face ao exposto, só posso concluir isso) face a: Fronte ó exposto, só podo concluir iso)
- A preposición de adquere o valor de desde - A preposición de co valor de desde non existe. Pero
(Ex.: Do hotel vê-se a praia). Dende non existe. existe outra que é dende (Dende o hotel vése a praia)
- Aínda que as preposicións úsanse do mesmo xeito na maioría dos contextos, hai diversas excepción no portugués como por exemplo:
Os nosos gastos de enerxía - Vou votar a/por María
(Os) nossos gastos com/de energia - Vou votar em/na Maria
- Non existe a abundancia de clíticos - Hai abundancia de clíticos (o mesmo complemento aparece más dunha vez) pero non do mesmo xeito coma no español (Exs.: Dinlle os libros a Xavier - Gl.: Chamárona. Esp.: La llamaron a ella)
Vocabulario
Familia e amizades
- pai, mãe, filho/a, irmão/irmã tio/a, sobrinho/a, avô/avó, - pai, nai (dialectal mai), irmán/irmá, sobriño/a, avó/avoa,
neto/a, entiado, padrinho, madrinha, afilhado/a... neto/a, fillastro, padriño, madriña, afillado/a...
Curnmán/curmá (primo/a irmán/irmá) non existe.
- O uso das palabras para referirse ós nenos ou adolescentes varía entre portugués e galego así como a cantidade do seu uso. É o exemplo de garoto (inexistente no galego) ou rapaza (moitos portugueses-falantes descoñecen o feminino de rapaz)
Explicación da orixe e uso dos días da semana en
Galicia e en Portugal no capítulo 9
do que todo galego debe saber do portugués
Días da semana e meses do ano
- segunda-feira, terça-feira, quarta-feira, quinta-feira, - luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
sexta-feira, sábado e domingo Tamén existe, aínda que é menos usado, similar ó portugués (segunda feira, terza feira, corta ou cuarta feira, quinta feira, sexta feira, sábado e domingo, e inclusive primeira feira)
- janeiro, fevereiro, março, abril, maio, junho, julho, - xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo,
agosto, setembro, outubro, novembro, dezembro agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Numerais
- zero, um, uma, dois, duas, três, quatro... dezasseis, - cero, un, unha, dous, dúas, tres, catro... dezaseis, dezasete,
dezassete, dezoito... vinte, quarenta... cem, duzentos, dezaoito... vinte, corenta... cen, douscentos, trescentos,
trezentos, quatrocentos, quinhentos... catrocentos, cincocentos, quiñentos...
As comidas do día
- pequeno almoço, almoço, lanchar, jantar - almorzo, xantar, merendar, cea
café da manhã (Brasil)
Froitas
- maçã, banana, limão, laranja, uva, melancia, - mazá, plátano (tamén existe banana), limón, laranxa, uva,
abacaxi, figo, cereja, morango, pêra, amora, melão, sandía, piña/ananás, figo (figho), cereixa,
pêssego, tangerina amorodo/morodo/morote, pera, amora/mora, melón, pexego (pexegho), tanxarina, tanxarina,
Galician. vocabulary. Things in a house.
As cousas da casa - coisa, encontrar - cousa, atopar/encontrar
- chão, teto, assoalhada, sótão, degrau, esquina, - chan, teito, habitación, faiado, chanzo, recuncho,
cozinha cociña
- janela, gaveta, chaminé - fiestra, caixón, cheminea
- copo, vaso, jarra, faca, colher, frigideira/panela, - vaso, xarrón, xerra, culler, tixola, pota, vasoira, tesoiras
caçarola/panela, vasoura, tesoura, torneira/bica, billa, vertedoiro
pia da cozinha
- abajur, carpete, secretária, - lámpada, alfombra, escritorio
- relógio, calendário - reloxo, almanaque
Aínda hai máis diferenzas deste tipo, pero deixarei só estes exempliños.
Falsos amigos e falsos cognados (azul = galego; verde = portugués. Nota: non están todos)
- a gente
As persoas. Sinónimo de "nós/nosoutros".
- o senhor / a senhora
Dono, amor, persoa que ten dominio ou autoridade sobre algo.
Sinónimo de vostede.
- acreditar
Facer ou facerse digno de creto (fama, reputación, credibilidade); lograr ou dar fama, creto ou sona (fama, popularidade, creto público).
Crer ou "afiançar" (asegurar, garantizar). Ex.: Acredito em Deus (Creo en Deus).
- carro
Vehículo de tracción (Acción de arrastrar unha cousa; Acción e efecto de facer avanzar un vehículo de modo mecánica ou por forza animal) para transportar carga. Fam.: carretillo.
Automóbil. *ver: coche*
- cartón
Folla ríxida e grosa, obtida con pasta de papel prensada e endurecida.
O mesmo que en galego; Tarxeta.
- coche
Automóbil.
Carruaxe antiga e rica que ía tirado de cabalos. *ver: carro*
- copa
Vaso con pé ou líquido que cabe nel; Parte alta dunha árbore; Parte do sombreiro oca que cobre a cabeza; Ventosa do polbo.
Parte da casa da cea onde se dispón o servizo da mesa; Parte alta dunha árbore; Parte do sombreiro oca que cobre a cabeza; Escudo.
- copo
Non existe. Pero si copa e copón.
Recipiente pequeno e de forma cilíndrica empregado para beber. *ver: vaso*
- copón
Copa grande de metal, cáliz.
Non existe con este nome, dise cálice.
- dose
Toma de medicación que se lle dá ó enfermo de cada vez; Porción.
Porción de alimentos; Medida alimenticia de bares, fondas e casas de comidas en xeral. En galego dise ración.
- espantoso (é espantoso!)
Horrible, espantallo.
Causa grande admiración.
- habitación
Cuarto de durmir.
(habitação) Casa, lugar de residencia. Para falarmos dun cuarto de durmir, dicmos quart" ou assolhada.
- ligar
Unir persoas ou facer que unha persoa síntase atraída por ti. É diferente de namorar.
Chamar por teléfono.
- marchar
Irse.
Acción de marchar.
- meiga
Bruxa, feiticeira, engaioladora.
Tenra, afectuosa.
- micho, michiño, mico, miquiño
Gato e/ou xeito agarimoso de dicir gato.
micho: pan feito da mestura de varias fariñas
mico: Tipo de xogo; sentir vergoña ou pasar vergoña.
- misto
Fósforo para encender lume.
Formado de elementos de diversas naturezas; Que representa un medio termo entre dúas cousas; Común ó sexo masculino e feminino; Que está recheo de queixo e fiambre ou xamón; Mestura, composto
- oficina
Local de traballo administrativo ou burocrático.
Establecemento onde se dedican á manutención e reparación de automóbiles; Local de traballo administrativo ou burocrático, "sinónimo en portugués: escritório"; Parte das igrexas destinada á despensa ou cociña.
- passeio
(paseo) Acto de pasear.
Acto de pasear; Beirarrúa.
- preto
Cerca; próximo no espazo ou tempo.
Negro, escuro. Cerca en portugués é "perto".
- ración
Porción de alimentos; Medida alimenticia de bares, fondas e casas de comidas en xeral.
(ração) Xeralmente, comida que se lle bota ós animais. *ver: dose*
- taller
Establecemento onde se dedican á manutención e reparación de automóbiles
(talher) O conxunto dos tres cubertos da mesa. *ver: oficina*
- tenda
Comercio; Tenda de campaña.
Só tenda de campaña. Tenda dise "loja".
- vaso
Recipiente pequeno e de forma cilíndrica empregado para beber.
Maceta; Recipiente para as prantas. *ver: copo*
- xamón
Perna enteira posterior do porco, salgada e curada. En portugués é "presunto".
(chamon) Haxix, narcótico extraído do cánabo índico
- xogar
Brincadeira, participar nun xogo.
Ademais da bricandeira dos nenos e nenas, quere dicir tamén tirar, botar ou lanzar algo.
Outras diferenzas
En tódalas linguas é normal non saber con precisión os límites dun idioma. Temos linguas de transición e diversos dialectos, por esta razón, dialectalmente podemos estar máus unidos, pero tamén moito máis separados.
- O galego é lingua de tódolos galegos, pero existen diferenzas dialectais que chaman a atención.
Galego septentrional - Galego meridional (Clasificación non actual. Diferenzas si actuais)
aquí, aí, alí - eiquí, eí, elí
el, eles - il, iles
mañán, chan, man - mañá, chao, mau
a-os homes - ós homes
- Existe tamén, un cambio de xénero en bastantes palabras. Exs.:
o calor - a calor
o fim - a fin
a garagem - o garaxe
- O galego diferencia o obxecto directo (co pronome "che") do indirecto (co pronome "te") na fala.
Dou-te mão. - Douche a man.
Felicito-te. - Felicítote.
Fontes:
Tódolos vídeos mostrados nesta entrada e...
Diferenzas entre o galego e o portugués ->
Principal fonte de referencia -> Revista virtual de filoloxía (en portugués)
Dialectos do galego -> Libro de 1º Bacharelato de Lingua Galega e Literatura
Dialectoloxía do galego (pdf)
Wikipedia -> Diferenzas entre o galego e o portugués (en portugués)
Diferenzas entre o español e o portugués (en español)
Diferenzas entre o castelán e o portugués (en portugués)
A lingua portuguesa (en galego)
Curso gratis de portugués -> Os xéneros (en español)
O plural (en español)
Froitas en portugués
O galego -> Pequeno Dicionario Xerais da Lingua
Normativa oficial do galego - wikilibros (en español)
A lingua de Galicia, o galego - Baixo a atmosfera de Urano (en galego e español)
Dicionarios-> Pequeno Dicionario Xerais da Lingua
Conxugador de verbos en galego e en portugués
Vocabulario en portugués - wikilibros
Dicionario da lingua portuguesa
Dicionario da lingua galega